Coincido con estes dous compañeiros en que facerse ver pódeche salvar a vida. Dende que me iniciei neste mundo das motos sempre tiven unha obsesión, que me visen. Sempre denuncie as cores escuras cos que imos a gran maioría. Nas tendas especializadas téñenme dito que as cazadoras claras non se comercializan porque se manchan con frecuencia.
Podo asegurar que cun chaleco reflectinte os coches trátanme con máis respecto; estou seguro que en algún momento me confundiron, tamén, con algún axente da DGT, principalmente cando imos dous.
Dende estas liñas invítovos a levar un chaleco que denuncie a nosa presenza nas estradas e que pode chegar a ser o noso salvavidas.
Saúdos.
Víctor_CBF.