Pois si que sen boas novas.
Agora falta saber en que tramos teñen pensado empregar ese diñeiro. Na última manifestación que tivemos, diante do Goberno Civil de Pontevedra, díxose que o tramo que se instalara na saída da autoestrada de Vigo cara a Pontevedra fora nun sitio onde nunca houbera ningún accidente pero que, cara a "galería", era un lugar para que todo o mundo o vira.
No programa CRÓNICAS, que TVE-2ª emitiu o pasado sábado ás 21:30H, estiveron falando sobre os máis de 900 puntos negros que temos nas estradas españolas. Nun momento do programa, referido ás motos, demostrouse que a valla que se está a instalar, debaixo da actual, non cumpre a normativa pois ten que estar colocada a non máis de 3 cm do chan e no vídeo podíase ver que cabía perfectamente un brazo, unha perna e incluso, en ocasións, un casco. Ademais, debe levar unas pezas deformables de suxeición para minorar o impacto, que non llo están a poñer. Por último, os ferros están enterrados no chan dentro de zapatas de formigón que non permiten, tampouco, o seu desprazamento.
Con isto só pido que os quilómetros que se vaian a instalar sexan en sitios de alto risco para nós e a empresa encargada de levar a cabo dita instalación o faga coa normativa na man.
Saúdos.
Víctor-CBF