ROTEIROS DE GALICIA
¿Quieres reaccionar a este mensaje? Regístrate en el foro con unos pocos clics o inicia sesión para continuar.



 
ÍndicewebIr a la pagina de FacebookGaleríaÚltimas imágenesBuscarRegistrarseConectarse

Comparte | 
 

 O ESCRITOR, EDUARDO GALEANO, NO AUDITORIO DE GALICIA

Ver el tema anterior Ver el tema siguiente Ir abajo 
AutorMensaje
VICTOR-CBF

VICTOR-CBF

Cantidad de envíos : 591
Edad : 59
Localización : Pontevedra
Fecha de inscripción : 10/03/2008

O ESCRITOR, EDUARDO GALEANO, NO AUDITORIO DE GALICIA Empty
MensajeTema: O ESCRITOR, EDUARDO GALEANO, NO AUDITORIO DE GALICIA   O ESCRITOR, EDUARDO GALEANO, NO AUDITORIO DE GALICIA Icon_minitimeSáb 10 Mayo 2008, 23:50

O LUNS, CONFERENCIA DE EDUARDO GALEANO NO AUDITORIO DE GALICIA EN SANTIAGO PARA PRESENTAR "ESPEJOS. UNA HISTORIA CASI UNIVERSAL", O SEU ÚLTIMO LIBRO

Da man do Club Internacional de Prensa, en estreita colaboración coa Editorial Siglo XXI, Galeano estará o día 12 de maio en Santiago e o 14 en Ourense. O martes 13, dende as 12:00, asinará libros na Libraría Follas Novas, e o xoves 15 dende a mesma hora, na libraría ourensá Torga.

O escritor e xornalista uruguaio Eduardo Galeano ofrecerá o luns día 12 ás 8 da tarde, no Auditorio de Galicia, unha Conferencia na que presentará o seu último libro “Espejos. Una historia casi universal”. As portas de entrada no Auditorio abriranse ás 19:00 hs, e teñen acceso libre sen necesidade de invitación algunha. O acto, organizado polo Club Internacional de Prensa en estreita colaboración coa Editorial Siglo XXI, será presentado polo escritor e xornalista galego, Manuel Rivas.

Ó día seguinte, o martes 13, dende as 12 da mañá, asinará libros na Libraría compostelá Follas Novas. Na entrada do Auditorio haberá tamén unha mesa para a venda de libros deste escritor de recoñecido prestixio internacional.

O Mércores día 14, a Conferencia trasládase a Ourense. Será ás 8 da tarde no Salón de Actos do Centro de Desenvolvemento de Caixanova, na Avda. de Pontevedra nº 9, onde tamén estarán ó alcance d@s asistentes a compra de libros, na entrada do citado Salón. Será presentado na cidade ourensá pola directora do Club Internacional de Prensa, Carmen Carballo. E ó día seguinte, xoves 15, Eduardo Galeano asinará libros na libraría Torga, emprazada na Rúa da Paz.

Eduardo Galeano revisa a historia no seu novo libro

No seu primeiro libro tras catro anos, o autor analiza a historia da humanidade dende as súas orixes ata hoxe, e faino dende a óptica dos feitos e das persoas menos coñecidas, dos que non figuran nos diarios nin saen nas fotos.
O libro está en librarías dende finais de marzo e o lanzamento mundial do libro realizouse o 21 de abril, en Barcelona, co autor presente.

Espejos. Una historia casi universal, é o título deste novo libro editado por Siglo XXI, a súa casa editorial dende os inicios da súa traxectoria literaria.

Para Galeano: «A historia é un paradoxo andante. A contradición móvelle as pernas. Quizais por iso os seus silencios din máis que as súas palabras e con frecuencia as súas palabras revelan, mentindo, a verdade».
Pide perdón de antemán polo atrevemento, e parafraseando a Oscar Wilde con «Eu podo resistir todo, menos a tentación», confesa que sucumbiu ao desexo de contar algúns episodios da aventura humana no mundo, e advirte que o fai «dende o punto de vista dos que non saíron na foto».

Neste libro mestúranse relatos que nos levan dende as Cavernas, ao Nilo pasando pola Fundación del machismo, por Mahoma, pola Resurrección de Jesús, por Las edades de Juana la Loca, por El papá de las marionetas, polos Abanicos, por Bolivia que la borraron del mapa, polas Mans callosas, pola Resurrección de Zapata, por La educación en tiempos de Franco, por Barbie va a la guerra, por Los derechos civiles en el fútbol, polas Guerras mentirosas, por El río y los peces o polo Peligro en la tierra, entre outros temas.

É un inventario xeral do mundo que aparece iluminado por este escritor capaz de enlazar o cotián, o poderoso, a denuncia, co máis sinxelo, co humor ou coa máis exquisita ironía. Un todo a coherencia do cal non son os séculos, nin os grandes acontecementos senón a mirada lúcida e única que sobre eles ten Eduardo Galeano.

O libro é editado en todas as casas da editorial Siglo XXI en Latinoamérica e ten unha tiraxe inicial de 50.000 exemplares.

Biografía do autor

Eduardo Galeano naceu en Montevideo o 3 de setembro de 1940 no seo dunha familia católica de clase media. Fillo dun empregado público e dunha xerente de libraría, Galeano foi criado nun ambiente de profundas conviccións católicas. Mesmo cando tiña oito ou nove anos, sostivo que quería ser santo: «Tiven unha infancia moi mística; pero non me foi ben coa santidade».

Galeano ten unha longa carreira tanto no plano persoal coma no profesional. Con tan só trece anos empezou a publicar caricaturas para o diario El Sol, un xornal socialista en Uruguai, baixo o pseudónimo de «Gius» pola dificultosa pronunciación en castelán do seu primeiro apelido (Hughes).

Dende moi novo empezou a traballar; foi obreiro nunha fábrica de insecticidas, recadador, pintor de carteis, mensaxeiro, mecanógrafo, caixeiro de banco e editor.

Na década dos setenta un grupo dereitista militar en Uruguai encarcerouno. Por esta causa marchou a Arxentina. Non obstante alí aconteceu o mesmo. O réxime de Videla tomou o poder tras un sanguento golpe militar e o seu nome foi agregado á lista daqueles condenados polos escuadróns da morte. Días y noches de amor y de guerra, enmárcase nos días da ditadura en Arxentina e Uruguai.
Nesta ocasión exiliouse en Cataluña, en Calella, ao norte de Barcelona onde publicou en revistas españolas e colaborou cunha radio alemá e unha canle de televisión mexicana. Neste período escribe o seu famosa e premiada triloxía Memoria del fuego.

Con todo, a obra de Galeano non é o único importante. Vinculado a causas políticas e defensor da ideoloxía de esquerdas, recorda cando sendo membro da xuventude socialista ía de pobo en pobo a falar de socialismo ante a mirada atónita daqueles poucos que se paraban a escoitalo.
Galeano segue avogando polas ideas que condenan o neoliberalismo e segue apostando por un socialismo real.

Insiste na crítica situación na que se atopa Latinoamérica, sobre todo entre as novas xeracións que non creen na democracia. Segundo Galeano, cando un goberno adopta solucións que comprometen a diferentes xeracións, ten a obriga de consultar o pobo, porque son solucións que terán repercusións durante moito tempo.

Moi vinculado a este tema, Galeano, comprometido coa causa ecolóxica, arremeteu en numerosas ocasións contra a produción industrial de celulosa no seu país e contra o goberno de Tabaré Vázquez quen segundo el: «Converteu a Uruguai nun centro mundial de produción de celulosa», coas desvastadoras consecuencias ecolóxicas que iso leva consigo, pero: «A xente prefire morrer de contaminación que morrer de fame».

Galeano tamén falou sobre a inmigración dicindo que as fronteiras se pechan ao paso das persoas pero ábrense paso do diñeiro e das mercadorías.

Sen dúbida, unha das facetas máis coñecidas de Galeano é a súa paixón polo fútbol, reflectida no seu libro Fútbol a sol y sombra, laméntase de que os intelectuais non souberan captar o seu verdadeiro significado e de que sempre se crera que o fútbol atrofía a conciencia do pobo e impídelle pensar coa cabeza.
O propio autor recoñece que de neno quixo (como todos os uruguaios) ser xogador de fútbol, pero que pola súa absoluta falta de talento, non tivo máis remedio que se facer escritor.

En 1985 regresou a Uruguai. Actualmente, tras superar unha operación no ano 2007, reside en Montevideo. Un dos lugares que lle gusta frecuentar é o café El Brasileiro; ademais dirixe a súa editorial El Chanchito.
Na súa obra baseáronse outros personaxes como o cantautor Joan Manuel Serrat, que tomou fragmentos da súa obra. O relato La noche, serviu de inspiración a Serrat para a súa canción Secreta mujer.

En Galeano conviven o periodismo, o ensaio e a narrativa, pero será sobre todo recoñecido como un cronista atinado e valente que recorda o pasado para analizar o futuro que estamos a deixar.
De trato cordial e perpetuo bo humor, cre que o mellor dos seus días «É aquel que debe aínda estar por vir».

Links de interese sobre a figura e obra de Eduardo Galeano

http://www.patriagrande.net/uruguay/eduardo.galeano/
http://www.escritores.org/galeano.htm
http://www.lavozdigital.es/cadiz/prensa/20070920/cultura/escritor-provocaba-colas-aglomeraciones_20070920.html
http://www.laopinion.com/comentarios/?rkey=00000000000002972650
http://hasta-el-fin-del-mundo.blogspot.com/2008/01/ausencia-viaje-cuba-y-galeano.html


Bibliografía do autor

Títulos publicados en Siglo XXI

Las venas abiertas de América Latina (1971)
Memoria del fuego:
Los nacimientos (1982)
Las caras y las máscaras (1984)
El siglo del viento (1986)
El libro de los abrazos (1989)
Nosotros decimos no (1989)
Ser como ellos y otros artículos (1992)
Las palabras andantes (1993)
El fútbol a sol y sombra (1995)
Patas arriba. La escuela del mundo al revés (1998)
Las aventuras de los jóvenes dioses (1998)
Bocas del tiempo (2004)

Colección Galeano Bolsillo en Siglo XXI

Vagamundo y otros relatos (2005)
La canción de nosotros (2005)
Días y noches de amor y de guerra (2005)
Patas arriba. La escuela del mundo al revés (2005)
El fútbol a sol y sombra (2006)
Ser como ellos y otros artículos (2006)

Outras obras de Galeano

Úselo y tírelo (1994)
Amares (1993)
América Latina para entenderte mejor (1990)
Palabras: antología personal (1990)
El tigre azul y otros artículos (1988)
Entrevistas y artículos (1988)
El descubrimiento de América que todavía no fue y otros escritos (1986)
Contraseña (1985)
Ventana sobre Sandino (1985)
Voces de nuestro tiempo (1981)
La piedra arde (1980)
Conversaciones con Raimón (1977)
Crónicas latinoamericanas (1972)
Violencia y enajenación (1971)
Su majestad el fútbol (1968)
Guatemala (1967)
Los fantasmas del día del León (1967)
Reportajes (1967)
China (1964)
Los días siguientes (1962)
Volver arriba Ir abajo
 

O ESCRITOR, EDUARDO GALEANO, NO AUDITORIO DE GALICIA

Ver el tema anterior Ver el tema siguiente Volver arriba 

 Temas similares

-
» minas en galicia..
» Ruta por Galicia - 9 a 12 Setiembre
» RETRO GALICIA 2013
» RETRO GALICIA 2014
» chistes de MOTOS
Página 1 de 1.

Permisos de este foro:No puedes responder a temas en este foro.
ROTEIROS DE GALICIA :: OFF-TOPIC :: Otros temas-