En teño un amigo quen, fai xa uns catro anos, mercou unha chaqueta con bombonas para que ao separarse da moto baleirasen o seu contido e inflasen o seu chaleco. Ao pouco tempo de mercalo fíxolle falta, diante da antiga ubicación de Tafisa (en Pontevedra), cando ao parar para deixar pasar a unha persoa, nun paso de cebra, un coche investiuno por detrás e lanzouno polo aire. Afeccionado ao boxeo tamén soubo caer, como o do vídeo, e non lle pasou nada.
Estou pensando que, se cada vez que montemos e desmontemos da moto temos que conectar e desconectar os cables do airbag, non imos gañar para bombonas porque máis dunha vez, cando nos descoidemos, imos acabar como o moneco de Michelín.
Dicir que ao rematar o vídeo, e dentro da mesma pantalla de YOUTUBE, hai moitos máis vídeos sobre o mesmo tema e con diferentes modelos de protección.
Karlangas, grazas pola información.
Víctor-CBF