Un día chamei á Delegación provincial de Tráfico, para preguntar sobre este tema, e dixéronme que o artigo 18 prohibe o emprego de calquera auricular mentres se conduce excepto no caso de que o motorista se esté examinando.
Realmente, se lemos o que pon o artigo, en ningún sitio fala de que o seu uso esté permitido durante a realización dun exame para obter o permiso de condución. Nembargante, a DGT considera dito exame como unha situación especial e, como tal, non se vería regulado por este artigo.
Víctor_CBF.