Onte sábado, despois de estarlle facendo unha revisión a un repetidor de radioaficionados, que temos no alto do Candán, cando baixaba pola PO-534 (Lalín - Folgoso), ás 17:40, e dentro do municipio de Cachafeiro, atopeime cun grupo de moteiros que me indicaban que fose máis lento. Pensei nun control de tráfico pero, por desgraza, tratábase dun accidente de moto onde o seu condutor, un padronés de 25 anos, perdera a vida debaixo do gardarraíl. O seu corpo estaba en dous anacos; só estaban unidos por unha pequena parte do seu mono de coiro.
O soporte do gardarraíl volveu a segarlle a vida a outro compañeiro que de atoparse coa protección inferior instalada, estou seguro que estaría vivo, pois a curva non era moi pechada e tiña tres carrís de circulación.
Segundo informou a Garda Civil de Tráfico, a saída da vía estivo provocada pola súa velocidade "inadecuada". A imaxe era tan impactante que os 40 Kms. que me quedaban para chegar a Pontevedra percorrinos bastante nervioso.
Moitas veces non somos conscientes que os laterais das estradas están cheos de coitelos, moi afiados, que non perdoan.
Circulemos con precaución.
Saúdos.
Victor_CBF.