Estou totalmente de acordo contigo. O que pasa é que a gran maioría pensa que os puntos de carné, o endurecemento nas multas e a proliferación dos radares non é a solución aos accidentes e ao número tan elevado de mortes existentes nas nosas estradas. Que só están para recadar. Eu penso que ademais de recadar están, tamén, para pararlle os pes aos que non cumpren as normas.
Con tanta crise no sector inmobiliario "é posible que o goberno", agora que as empresas non teñen traballo, amplíe o número de penitenciarías en todo o territorio nacional, porque xa non hai espazo para máis. ¿Onde van meter a tantos que incumprimos as normas de tráfico de forma moi grave e reiterada?.
O que ti dis, estamos perdidos.
Saúdos.