Ola :
Supoño que si; para iso se vende. O modelo alto de gama, o máis caro, está deseñado, segundo Motorvista, para carreiras de tipo profesional.
Estoume acordando que recentemente Correcaminos mercou un navegador para a moto, paréceme que foi o TOMTOM RIDER, que tamén permite gravar a rota realizada. Máis tarde, ao chegar á casa, e mediante o Google Maps, podes trazar o itinerario completo. En internet ai moita información sobre navegadores GPS para moto. Dende aquí pídolle ao noso compañeiro que nos diga que tal lle vai co seu navegador.
Saúdos.
Víctor_CBF.