Menos mal que aquí a maioría das motos e a maioría dos coches no circulamos así. Digo a maioría e non todos, por suposto.
Este mércores, día 21, ás 09:15 H., cando ía ao traballo, e a uns 150 metros do meu garaxe, saíume un gato dunha casa, polo lado esquerdo, pegando contra a defensa dianteira do coche. Grazas a que non frenei, tivo a sorte de que non o cheguei a esmagar coa roda dereita dianteira. De inmediato parei e o gato xa non estaba; segundo o seu dono, non lle pasara nada. Rapidamente pensei en que sucedería se en vez de circular a 30 km/h no turismo o fixera a mesma velocidade na moto; posiblemente acabaría no chan e batería contra o muro lateral, pois trátase dunha vía duns tres metros de ancho que baixa por detrás de onde eu vivo e que moitos coñecedes.
Agradecer a Paneuro o vídeo que elixiu pois sempre é bo visualizar algo así para que aumente a nosa atención e teñamos máis precaución á hora de circular por unha estrada.
Saúdos.
Víctor_CBF.